Aparato dixestivo (insectos)

Anatomía interna dun insecto. 1: cerebro; 2: ganglio; 3: corpo alado; 4: corpo farínxeo; 5: aorta; 6: ganglio estomacal; 7: boche; 8: ventrículo; 9: válvula cardíaca; 10: mesénteron; 11: hemocele; 12: ventrículo; 13: corazón; 14: ostíolo; 15: recto; 16: ano; 17: vaxina; 18: ganglio frontal; 19: anel periesofáxico; 20: epifarinxe; 21: farinxe; 22: gnatocerebro; 23: esófago; 24: ganglio ventral; 25: válvula pilórica; 26: tubos de Malpighi; 27: proctodeo; 28: ovaríola; 29: ovario; 30: espermateca

O aparato dixestivo ou canle alimenticia dos insectos é un conduto, xeralmente algo enrolado que se estende desde a boca ao ano. Divídese en tres rexións: o estomodeo, o mesénteron e o proctodeo. Cada unha destas tres rexións pode estar subdividida en subrexións. Separando estas rexións hai válvulas e esfínteres que regulan o paso do alimento dunha a outra.[1][2]

  1. NC state University (ed.). "General Entomology – Digestive and Excretory system". Consultado o 3 de maio de 2009. 
  2. Borror, D. J., DeLong, D. M., Triplehorn, C. A.(1976) 4ª edición. An introduction to the study of insects. Holt, Rinehart and Winston. New York, Chicago. ISBN 0-03-088406-3

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy